Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016 pola que se anuncia a declaración de deserta da licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria, da subministración de licenzas e actualización e soporte de produtos avanzados de xestión de bases de datos e servidores de aplicacións da Xunta de Galicia (expediente 17/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 17/2016.

d) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24000

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de licenzas e actualización e soporte de produtos avanzados de xestión de bases de datos e servidores de aplicacións. Inclúense os despregamentos en calquera organismo ou ente do sector público autonómico de Galicia.

b) División en lotes: non

c) Medio de publicación do anuncio:

DOUE: 16.2.2016.

DOG: 17.2.2016.

BOE: 18.2.2016.

d) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do obxecto do presente contrato será de 48 meses, contados a partir do 13 de setembro de 2016. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución do contrato rematará en todo caso o 12 de setembro de 2020.

Prazos de entrega parciais:

Entrega 2016: quince (15) días contados a partir da data de formalización do contrato.

Entrega 2017: no mes de febreiro de 2017.

Entrega 2018: no mes de febreiro de 2018.

Entregas 2019:

– No mes de febreiro de 2019.

– No mes de setembro de 2019.

Os produtos obxecto de cada unha das entregas parciais reflíctense no prego de prescricións técnicas.

Prazo de entrega total: o prazo de entrega total da subministración de licenzas de despregamento ilimitado finalizará coa última entrega parcial e, en todo caso, o 12 de setembro de 2019, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía e soporte.

Lugar de entrega: a entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.

e) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.301.652,89 € (un millón trescentos un mil seiscentos cincuenta e dous euros con oitenta e nove céntimos), máis 273.347,11 € (douscentos setenta e tres mil trescentos corenta e sete euros con once céntimos), que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.575.000,00 € (un millón cincocentos setenta e cinco mil euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:

2016: 168.314,73 € + IVE (35.346,09 €) = 203.660,82 €.

2017: 330.578,51 € + IVE (69.421,49 €) = 400.000,00 €.

2018: 330.578,51 € + IVE (69.421,49 €) = 400.000,00 €.

2019: 330.578,51 € + IVE (69.421,49 €) = 400.000,00 €.

2020: 141.602,63 € + IVE (29.736,55 €) = 171.339,18 €.

5. Formalización do contrato.

a) Estado: deserto.

b) Data da declaración: 16 de marzo de 3.2016.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia