Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12054

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (262/2013).

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, mediante o presente edicto, anuncio que neste procedemento, seguido por instancia de Manuel Piñeiro Bouza e Águeda Losada Álvarez fronte a Josefina Gómez González e Melchor López Pallas, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ortigueira, 17 de decembro de 2014

Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, vistos os autos do xuízo ordinario 262/2013, iniciado tras a interposición de demanda pola procuradora Sra. Borrás Vigo, en nome e representación de Manuel Piñeiro Bouza e Águeda Losada Álvarez, baixo a dirección letrada de Salvador Fernández Franco, contra Melchor López Pallas e Josefina Gómez González, declarados en rebeldía, procedín a ditar a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 24 ...

Resolvo:

Que debo admitir e admito a demanda interposta pola procuradora Sra. Borrás Vigo, en nome e representación de Manuel Piñeiro Bouza e Águeda Losada Álvarez, baixo a dirección letrada de Salvador Fernández Franco, contra Melchor López Pallas e Josefina Gómez González, declarados en rebeldía.

En consecuencia, declaro o carácter indivisible da casa situada na parroquia de Ladrido, lugar do Baleo, na Pontevella, coas súas extensións e un almacén unido cunha superficie total de 107 metros cadrados e 17 centímetros, dos que corresponden ao chan da casa 29 metros cadrados. Ten unha superficie total construída de 58 metros cadrados e 24 deles corresponden ao almacén. Ao norte linda cunha pista asfaltada, ao sur e oeste con Josefina Gómez González e ao leste con Manuel Piñeiro Bouza.

En consecuencia, ordénase a súa venda en poxa pública con admisión de licitadores estraños. O produto da poxa repartirase entre os copropietarios de acordo coa cota de copropiedade que posúe cada un deles.

Todo iso con expresa condena das custas aos demandados.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación no prazo de 20 días que se contarán desde a súa notificación. O dito recurso será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira».

E estando os devanditos demandados, Josefina Gómez González e Melchor López Pallas, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma a estes.

Ortigueira, 27 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial