Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11940

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2016 pola que se dá publicidade á prórroga da encomenda de xestión a favor de Tragsatec, ordenada pola Resolución do 22 de marzo de 2016 para a realización de tarefas de análise de expedientes de instrumentos financeiros.

En cumprimento dos artigos 9.3 e 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a dar publicidade á prórroga da encomenda de xestión a favor de Tragsatec, ordenada por Resolución do conselleiro de Economía, Emprego e Industria do 22 de marzo de 2016, para a realización de tarefas de análise de expedientes de instrumentos financeiros xestionados polo Igape.

1. A actividade obxecto de encomenda é a realización de tarefas de análise de expedientes de instrumentos financeiros xestionados polo Igape.

2. Dado que o prazo de execución dos traballos de análise de expedientes financeiros se iniciou o 9 de novembro de 2015 e remata o próximo 30 de marzo de 2016, e téndose previsto a posibilidade de prórroga na encomenda inicial por igual período, resulta necesaria a dita prórroga para o apoio nos traballos de xestión e análise de expedientes de instrumentos financeiros, nos mesmos termos previstos inicialmente, ao resultar insuficientes os medios propios do Igape para o efecto.

3. O prazo de execución dos traballos estenderase ata o 19 de agosto de 2016.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica