Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11938

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

EXTRACTO da Resolución do 10 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 302737.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao nas ramas de Comunicación, Humanidades, Ciencias Sociais ou Documentación con formación específica no ámbito da edición e da catalogación, e que rematasen os seus estudos no curso 2010/11 ou posterior.

Segundo. Obxecto

Bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 10 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

Cuarto. Contía

Financiaranse estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, por un importe total de vinte e catro mil euros (24.000,00 euros), que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil euros mensuais (1.000,00 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega