Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 12023

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, da concesión administrativa da xestión integral da praza de abastos da Ponte número 2.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2016005029. Ref. 2392.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da concesión administrativa da xestión integral da praza de abastos da Ponte número 2.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de concesión: oito anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 98350000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: ata 80 puntos.

– Investimento comprometido: ata 10 puntos.

– Modelo de xestión proposto: ata 10 puntos, subdivididos en:

• Horario: ata 5 puntos.

• Modelo de xestión: ata 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 523.020,00 euros.

b) Canon mínimo: 43.585,00 euros. IVE: 9.152,85 euros. Importe total: 52.737,85 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: unha anualidade do canon concesional, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala na cláusula vixésimo oitava (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala na cláusula vixésimo oitava (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala na cláusula vixésimo cuarta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: tres meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 18 de marzo de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde