Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 12026

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de xestión do sistema de préstamo de bicicletas de uso público e reparación, mantemento e atención a usuarios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: servizo consistente na xestión do sistema de préstamo de bicicletas de uso público e reparación, mantemento e atención a usuarios do concello de Vilagarcía de Arousa. Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 4 anos improrrogables.

Código CPV: 34430000-0 (bicicletas). 50100000-6 (servizos de reparación, mantemento e servizos asociados de vehículos e equipamento conexo). 60112000-6 (servizos de transporte pola vía pública).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 214.876,03 €. IVE (4 %): 45.123,97 €. Total (IVE incluído.): 260.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa e na plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 15 días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Documentación: a exixida na cláusula 12 dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: non.

9. Apertura dos sobres 2 e 3: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), os días fixados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada a través da plataforma de licitación aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 23 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 23 de marzo de 2016

Alberto Varela Paz
Alcalde