Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11953

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

EDICTO (574/2012).

Procedemento: xuízo ordinario 574/2012.

Sentenza.

Carballo, 19 de maio de 2015.

Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular de apoio ao Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 2 desta cidade, vistos os autos de xuízo ordinario, tramitados neste xulgado co número 574/2012, promovidos por Óscar Baltar Mosquera, representado pola procuradora Sra. Pérez García e asistido polo letrado Sr. Fernández Viéitez, en substitución de Bianchi Valcarce, contra Sealla Desarrollos, S.L., declarada en situación procesual de rebeldía, sobre resolución de contrato.

Resolución:

Estimo a demanda formulada pola procuradora Sra. Pérez García, en nome e representación de Óscar Baltar Mosquera, contra Sealla Desarrollos, S.L., e condeno a entidade demandada a aboar ao demandante o importe de 29.143,34 euros, máis os xuros legais que se devindiquen na forma indicada no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Impóñenselle as custas á entidade demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros, de conformidade co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular de apoio deste xulgado.