Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2003/67/27.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada, que se indica a continuación, a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e no artigo 67.b) da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

A persoa interesada poderá interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para os efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, e advírteselle que, de non facelo, se terá por notificada.

Nº de expediente: 2003/67/27.

Interesado: Alberto Ares Rodríguez (DNI 76568917P).

Enderezo: O Val da Cal, 2, 27240 Meira (Lugo).

Asunto: modificación de recurso.

Data da resolución: 22 de xullo de 2015.

Lugo, 9 de marzo de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo