Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2015/592-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Concello de Santa Comba.

Domicilio social: Praza do Concello, 1, 15841 Santa Comba.

Denominación: proxecto LMTA, CTA de 50 kVA e RBTA na ETAP O Ribeiro.

Situación: San Cristovo de Mallón-Santa Comba.

Características técnicas: liña de media tensión aérea de 20 kV, co inicio na liña de distribución Babión-Catro Ventos, condutor LA-56, lonxitude 33 m e remate no apoio no que se instala o CT proxectado.

CT de 50 kVA, tipo intemperie e relación 20 kV/420 V.

Liña de baixa tensión aérea, co inicio no apoio do CT, condutor RZ 0,6/1 kV, lonxitude 337 m, e remate na CPM da ETAP do Ribeiro-San Cristovo de Mallón-Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 1 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña