Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11779

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (685/2014).

Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 685/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Juan Hermida Rueda contra a empresa Espectáculos Lito, S.L., Fraternidad Muprespa, Digital Radio, S.L., Helvetia Compañía de Seguros, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Decisión desestimo a demanda formulada por Jorge Juan Hermida Rueda fronte a Digital Radio, S.L, Helvetia Compañía de Seguros, Mutua Fraternidad Muprespa e a mercantil Espectáculos Lito, S.L., e absolvo todos os demandados da pretensión exercida fronte a eles.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 192 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, que deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, aínda que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Espectáculos Lito, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de marzo de 2016

A secretaria xudicial