Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se lles notifica a diversos interesados a solicitude de declaración de utilidade pública no expediente LU-11/127-EOL.

A sociedade Norvento, S.L. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Cadeira, promovido pola dita sociedade nos concellos de Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por seren estes descoñecidos ou por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, andar 4º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela/s

Concello

Interesado

Acto que se notifica

1

1

3076

Riotorto

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

2

1

3075

Riotorto

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

3

1

3011

Riotorto

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública