Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica á interesada a solicitude de declaración de utilidade pública no expediente LU-11/128-EOL.

A sociedade Norvento, S.L. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Coto de Frades, promovido pola dita sociedade nos concellos da Pontenova e A Fonsagrada.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), mediante este anuncio emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia, por ser esta descoñecida ou por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesada

Acto que se notifica

12

5

513

A Pontenova

Victorina Rodríguez Díaz

Solicitude de utilidade pública