Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11424

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda dos premios e axudas aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG núm. 247, do 29 de decembro), publicáronse as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2016, por trámite anticipado de gasto.

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 6 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 6.3 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de premios e axudas xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos nos ditos anexos para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 6.1 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, terase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

P.S. (Resolución do 17.3.2016)
Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG223.2016.1.1

Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG223.2016.1.2

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG223.2016.1.3

Asociación Clúster de la Madera de Galicia

G32290439

IG223.2016.1.4

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

G27407212

IG223.2016.1.5

Asociación Clúster del Naval Gallego

G15710338