1. Entidade adxudicadora. Concello de Ordes.
Obtención de documentación e información: rúa Alfonso Senra, 108. Ordes. 15680.Teléfono: 981 68 00 02; telefax: 981 68 22 21; correo electrónico: correo@ordes.gal. Perfil do contratante: www.ordes.gal
2. Obxecto do contrato: servizo de explotación do punto limpo de Ordes.
a) Prezo: (38.000 €/ano), IVE excluído.
b) Duración: ata o 23 de marzo de 2019, poderá ser prorrogado por un ano máis por mutuo acordo das partes antes do remate, sen que a duración total deste, incluída a prórroga, poida exceder os catro anos.
c) Garantía provisional: non se exixe.
d) Garantía definitiva: 5 por cento do prezo de adxudicación, IVE excluído.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 90500000-2.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
Criterios de adxudicación: prezo, operativa e loxística da xestión, criterios de aceptación de residuos, destino dos residuos.
4. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: dentro do prazo dos quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP ou DOG.
b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 19.2 (formalidades e documentación) do prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Apertura de ofertas: publicarase no perfil de contratante.
6. Revisión de prezos: non procede.
Ordes, 11 de marzo de 2016
José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente