Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, dos servizos de conservación, mantemento, revisións periódicas e reparación de instalacións eléctricas de edificios municipais e iluminación pública exterior.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ordes.

Obtención de documentación e información: rúa Alfonso Senra, 108, 15680, Ordes. Teléfono: 981 68 00 02; telefax: 981 68 22 21; correo electrónico: correo@ordes.gal. Perfil do contratante: www.ordes.gal

2. Obxecto do contrato: servizos de conservación, mantemento, revisións periódicas e reparación de instalacións eléctricas de edificios municipais e iluminación pública exterior.

a) Prezo: (60.000 €/ano), IVE excluído.

b) Duración: dous anos desde a sinatura do contrato, sen posibilidade de prórroga.

c) Garantía provisional: non se exixe.

d) Garantía definitiva: 5 por cento do prezo de adxudicación, IVE exluído.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 50232100-1, 50711000-2.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Criterios de adxudicación: prezo, proposta de plan de mantemento, proposta de informe de xestión mensual, de informe do estado xeral das instalacións semestral e do inventario das instalacións.

4. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: dentro do prazo dos quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP ou DOG.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 20.2 (formalidades e documentación) do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Apertura de ofertas: publicarase no perfil de contratante.

6. Revisión de prezos: non procede.

Ordes, 11 de marzo de 2016

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente