Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Concello de Cospeito.
Domicilio social: avenida da Terra Chá, nº 29.
Denominación: CT e LMTS para a EDAR da Feira do Monte.
Situación: concello de Cospeito.
Características técnicas:
1. Instalación dun apoio tipo C-2000-12, no cal se instala un dispositivo de corte con fusible-seccionador XS e un conxunto de pararraios e autoválvulas e un paso aéreo a soterrado.
2. LMT soterrada a 20 kV con orixe no apoio proxectado e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 315 metros en condutor RHZ1-95.
3. CT en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 30 de decembro de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo