Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11323

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de marzo de 2016 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A aprobación da modificación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas da Axencia.

En consecuencia, por proposta da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 17 de marzo de 2016, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Indícase o posto de traballo que cumpre coa excepcionalidade prevista no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm 44, do 4 de marzo), e que se pode cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública:

Libre designación

Código

Denominación

Criterio

PX.A11.00.003.15770.040

Xefatura do Departamento de Sistemas

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 17 de marzo de 2016, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file