Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1267/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1267/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Rubén Darío Toro Osorio contra Carlos Rodríguez Pérez; LBC, S.C. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 99/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1267/2014.

Demandante: Rubén Darío Toro Osorio.

Letrado: Sr. Páramo Sureda.

Demandados:

– LBC, S.C.

Letrado:

– Carlos Rodríguez Pérez.

Letrada: Sra. Posado Velado.

Sentenza nº 99/2016.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

Resolución:

Acepto a demanda formulada por Rubén Darío Toro Osorio fronte a LBC, Sociedade Civil e fronte ao seu socio Carlos Rodríguez Pérez e, en consecuencia, condeno estes solidariamente a lle aboar ao primeiro a suma de 2.913,83 euros netos en concepto de horas extraordinarias realizadas por aquel entre setembro de 2013 e novembro de 2014.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a LBC, S.C., en paradoiro ignorado, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial