Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cotobade

ANUNCIO do acordo de inicio de expediente para a fusión voluntaria dos termos municipais de Cerdedo e Cotobade.

O Pleno do Concello de Cotobade, en sesión extraordinaria do 3.3.2016, acordou iniciar expediente para a fusión voluntaria dos termos municipais de Cerdedo e Cotobade.

En cumprimento do disposto no artigo 32.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo de trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia (última publicación), co fin de que os/as interesados/as presenten as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

O expediente está á disposición dos/das interesados/as para a súa consulta na Casa do Concello de Cotobade (Chan 11, Carballedo, 36856 Cotobade) os días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres e das 9.00 ás 13.00 horas os sábados.

Cotobade, 4 de marzo de 2016

Jorge Cubela López
Alcalde