Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10638

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a convocatoria contida na Resolución do 5 de novembro de 2015 pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

A convocatoria contida na Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte, do 5 de novembro de 2015, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas (DOG núm. 217, do 13 de novembro), establece no seu artigo 5.1 o importe máximo do crédito destinado a atender este procedemento subvencional.

Debido a necesidades de axuste orzamentario da Secretaría Xeral para o Deporte derivadas da estimación de recursos de reposición interpostos por entidades deportivas solicitantes en convocatorias anteriores, é necesario proceder á minoración dos créditos establecidos inicialmente.

Na súa virtude, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Modificar a convocatoria e redactar o seu artigo 5.1, contida na Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte, do 5 de novembro de 2015, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, do seguinte xeito:

«5.1. A concesión de subvencións reguladas nesta resolución será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.481.0 do exercicio orzamentario do ano 2016, ata un importe máximo de 1.970.000,00 € (un millón novecentos setenta mil euros). Este importe poderá ser ampliado no caso de existencia de crédito na aplicación orzamentaria no momento da resolución segundo o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

A contía referida distribuirase do seguinte xeito:

a) A clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas, 1.850.000,00 € (un millón oitocentos cincuenta mil euros); a axuda máxima por beneficiario establecerase en 29.999,00 €.

b) Ás agrupacións deportivas escolares, 120.000 € (cento vinte mil euros); a axuda máxima por beneficiario establecerase en 15.000 euros».

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte