Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10751

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria, para cubrir por persoal diplomado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria, mediante a Resolución do 12 de xaneiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, publicada no DOG do 29 de xaneiro de 2016, e á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes ao posto, esta directora, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo da presente resolución.

A adxudicataria deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a súa publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 25 de febreiro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: coordinadora do SAP Valle Inclán, Ourense.

Nome e apelidos : Ana María Fernández Silvela.

DNI : ******975G.