Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de marzo de 2016 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/49/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia, ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/49/2015-RP1, a Manuel Ogando García, en relación coas obras de construción dunha edificación para uso residencial no lugar de Vilanova, no termo municipal de Cotobade, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase efectuada.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística