De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0108/2016-PPM e dez máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 10 de marzo de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0108/2016-PPM.
Persoa interesada: Guadalupe Fungueiriño García.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Nine, 7, Cespón-Boiro.
Expediente: PSC-CO-0111/2016-PRE.
Persoa interesada: Damián Matias de los Santos de Armas.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Manuel Azaña, 1-7º A, Culleredo.
Expediente: PSC-CO-0112/2016-PPM.
Persoa interesada: Nelson Castro Vello.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Freixo-Siavo, 34, Outes.
Expediente: PSC-CO-0117/2016-PPM.
Persoa interesada: Juan Carlos Bernabé Muñoz.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Rebordelo, 21-1º A, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0119/2016-PPM.
Persoa interesada: Román Alberto Montero Lago.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Bazarra, 93, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0124/2016-PRE.
Persoa interesada: Lois Ocarranza Pazos.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Real Baja, 45, Ferrol.
Expediente: PSC-CO-0144/2016-PPM.
Persoa interesada: Ramón Peña Cristóbal.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Oriente, 6-1º, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0149/2016-PPM.
Persoa interesada: Iván Borja Jiménez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Portiño, 2-2º I, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0150/2016-PPM.
Persoa interesada: Gregorio Amaya Jiménez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Luís Rodríguez Lago, 7º B, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0233/2016-PPM.
Persoa interesada: Francisco José Facal Pérez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: A Campanilla-Pastoriza, 57, Arteixo.
Expediente: PSC-CO-0237/2016-PPM.
Persoa interesada: Marino Juan Guzmán Encina.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: avenida de Chile, 32-1º, A Coruña.