Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0498/2015-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-PO-0498/2015-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Vigo, 9 de marzo de 2016

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0498/2015-PPM.

Persoa interesada: Fernando Martínez González.

NIF: 35452560S.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Triana, nº 12, Cambados.

Expediente: PSC-PO-0546/2015-PPM.

Persoa interesada: Isaac Viñas Dieste.

NIF: 35489160E.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida de Cambados, nº 159, 1º B, Vilagarcía de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0561/2015-PPM.

Persoa interesada: Iván Laya Fontán.

NIF: 35628881H.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Viña Grande, nº 48, Vilanova de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0573/2015-PPM.

Persoa interesada: Eduardo Villanueva Olmo.

NIF: 33849207S.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Bº Igrexa, nº 125, Vilar de Infesta, Redondela.

Expediente: PSC-PO-0669/2015-PPM.

Persoa interesada: Alisa Gorin Gorina.

NIF: 53861337Y.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón Cabanillas, nº 124, 1º B, Moaña.

Expediente: PSC-PO-0677/2015-PPM.

Persoa interesada: Carmelo Rodríguez Davila.

NIF: 36035497V.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Numancia, nº 72, baixo, Vigo.