Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento para que poidan comparecer como demandadas ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, no recurso contencioso-administrativo que se segue no procedemento ordinario 375/2015.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, requiriu o emprazamento dos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo interposto por Marcos Deus Trullos contra a Resolución do 18 de setembro de 2015, ditada pola Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en relación coa puntuación outorgada a este no procedemento de recoñecemento da competencia profesional da cualificación de extinción de incendios e salvamento, que apareceu na lista de personas non admitidas en lista de espera.

De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa,

RESOLVO:

Emprazar a todas as personas interesadas neste procedemento, para que no prazo de nove (9) días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, comparezan, se o consideran oportuno, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, no recurso contencioso-administrativo que se segue no procedemento ordinario 375/2015, en defensa dos seus lexítimos intereses.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral