Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo do estudo para a determinación do estado sanitario da ictiofauna dos ríos e dos centros ictioxénicos da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (PDR).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24308

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 3/2016 CN.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: estudo para a determinación do estado sanitario da ictiofauna dos ríos e dos centros ictioxénicos da Xunta de Galicia.

c) Prazo de execución: 18 meses.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 77850000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra L do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 57.800 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 57.800 €. Importe total: 69.938 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural nunha porcentaxe máxima do 75 %, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020, medida 7, submedida 07.60.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE: 2.890 euros.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada nas letras J e K do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio