Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de conservación da natureza (expediente CON-CO-0029/2015-V e cinco máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo instrutor dos expedientes e pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, segundo a disposición transitoria terceira do Decreto 129/2015, respectivamente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 23 de febreiro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CON-CO-0029/2015-V.

Denunciado: Carlos Fernando Mejuto Varela.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CON-CO-0038/2015-V.

Denunciado: Manuel Blanco Bermúdez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0047/2015-V.

Denunciado: José Luis Aguilera Llavero.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0048/2015-V.

Denunciado: José Ignacio Pérez Palomares.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0017/2016-V.

Denunciado: Antonio José García Fernández.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0028/2016-V.

Denunciado: Marc Tusquets Mañé.

Acto de notificación: acordo de iniciación.