Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente de procedemento de catalogación dunha árbore senlleira.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Antonio Muñiz Allo a resolución do expediente AS/2013/01.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE ou, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza