Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10506

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade á baremación provisoria da fase de concurso.

O tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2015 (DOG núm. 68, do 13 de abril) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, na sesión que tivo lugar o día 14 de marzo de 2016

ACORDOU:

Primeiro. Proceder, de conformidade co disposto na base II.2.5 da orde de convocatoria, á publicación da baremación provisoria da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as. A relación das puntuacións obtidas recóllese no anexo desta resolución.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.5 da orde de convocatoria, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación contra a baremación ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Ramón de la Sota Crespí
Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as

Baremación provisoria da fase de concurso

DNI

Apelidos e nome

Base II.2.1.1

Base II.2.1.2

Puntuación total

34995245D

De Arcos Rey, Antonio

11,07

2,20

13,27

47362567R

Sánchez Valiño, Iván

-

4,20

4,20