Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a subministración sucesiva de material de ferraxaría (expediente 01/16).

Por acordo da Xunta de Goberno local do 3.3.2016, aprobaronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 01/16).

2. Obxecto do contrato: subministración sucesiva de material de ferraxaría.

3. Acordo marco: si, cun único contratista.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

5. Orzamento base de licitación: 229.900 € (190.000 € máis 39.900 € en concepto de IVE), polo prazo de 1 ano.

6. Garantías: non se exixen.

7. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 4 de marzo de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa