Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10438

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación do servizo de vixilancia e seguridade.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: servizo de vixilancia e seguridade en actos organizados polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación para os servizos regulares: 107.992,50 euros anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 89.250,00 euros e 18.742,50 euros ao IVE correspondente (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por un ano ata un máximo de catro, incluído o período inicial e as prórrogas.

5. Tramitación: urxente.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es .

10. Clasificación: grupo M, servizos especializados; subgrupo 2, servizos de seguridade, custodia e protección; categoría B (anualidade media igual ou superior a 150.000 euros e inferior a 300.000 euros).

11. Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de oito (8) días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, e finaliza ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avenida A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es .

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 2 de marzo de 2016

P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos