Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de marzo de 2012, outorgar mediante resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

* Resolución do 1 de outubro de 2015.

Referencia: 12-48-15-C-1.

Obxecto: construción, explotación e instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros.

Porto: Ribeira.

Concesionaria: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.L.

Prazo: ata o 1 de outubro de 2040.

Taxas: 2.969,74 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución do 4 de novembro de 2015.

Referencia: 12-46-98-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade, a favor de Frigoríficos Docampo, S.A., da concesión administrativa outorgada a Pescados Juan Fernández, S.L., destinada á construción dunha nave para manipulación da pesca e cámaras frigoríficas.

Porto: Aguiño.

Concesionaria: Frigoríficos Docampo, S.A.

Prazo: ata o 18 de setembro de 2028.

Taxas: 3.141,72 € en concepto de TODP, o 1,5 % do importe anual da cifra neta de negocios vinculada á manipulación da pesca e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios vinculada ás cámaras frigoríficas da instalación.

* Resolución do 2 de decembro de 2015.

Referencia: 12-04-15-C-1.

Obxecto: explotación das instalacións de bar-cafetaría na lonxa.

Porto: Cedeira.

Concesionario: Martín García Iglesias.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 6.931,11 € en concepto de TODP e o 2 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución do 15 de decembro de 2015.

Referencia: 12-21-09-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade, a favor de Víctor Manuel Lema Serantes, da concesión administrativa outorgada a Víctor Luis Lema Castro, de ocupación de terreos de dominio público portuario con destino á instalación dun quiosco desmontable.

Porto: Laxe.

Concesionario: Víctor Manuel Lema Serantes.

Prazo: ata o 18 de xullo de 2018.

Taxas: 23,61 € en concepto de TODP e o 2 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución do 13 de xaneiro de 2016.

Referencia: 12-43-14-C-1.

Obxecto: explotación de fábrica de xeo.

Porto: Portosín.

Concesionaria: Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 968,25 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución do 13 de xaneiro de 2016.

Referencia: 13-08-14-C-2.

Obxecto: explotación e xestión de lonxa.

Porto: O Grove.

Concesionaria: Confraría de Pescadores San Martín do Grove.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 6.827,55 € en concepto de TODP, o 0,0015 € por quilogramo de peixe vendido na lonxa para a actividade de lonxa e o 1 % do volume de negocio da actividade desenvolta nos espazos destinados a peixaría.

* Resolución do 14 de xaneiro de 2016.

Referencia: 12-13-11-C-4.

Obxecto: cambio de titularidade, a favor de Hermanos Vidal Padín, S.L., da concesión administrativa outorgada a Aparcamientos Xomavi, S.L., destinada á ocupación de terreos de dominio público portuario (parcelas B3-B4-B5) con destino á venda e reparación de embarcacións e á prestación de servizos náuticos múltiples.

Porto: Sada.

Concesionaria: Hermanos Vidal Padín, S.L.

Prazo: ata o 1 de abril de 2041.

Taxas: 3.195 € en concepto de TODP, o 1 % do importe anual da cifra neta de negocio polo desenvolvemento da actividade de taller de reparación de embarcacións e o 1,5 % da cifra neta de negocio realizada na instalación obxecto da concesión administrativa polo desenvolvemento das restantes actividades xerado no ámbito da concesión.

* Resolución do 20 de xaneiro de 2016.

Referencia: 12-52-90-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade, a favor de Talleres José Suárez, S.L., da concesión administrativa outorgada a José Suárez Sánchez, con destino a unha parcela para nave para taller de mecánica naval.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionaria: Talleres José Suárez, S.L.

Prazo: ata o 10 de maio de 2020.

Taxas: 622,38 € en concepto de TODP e o 1 % da cifra neta de negocio anual realizada na instalación obxecto da concesión administrativa.

* Resolución do 28 de xaneiro de 2016.

Referencia: 12-01-15-C-1.

Obxecto: explotación de bar-restaurante nas instalacións da antiga lonxa.

Porto: Espasante.

Concesionario: Marcos Antonio Martínez Reimunde.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 4.796,39 € en concepto de TODP e o 2 % do importe anual da cifra neta de negocio xerado no ámbito da concesión.

* Resolución do 10 de febreiro de 2016.

Referencia: 12-48-04-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade, a favor de Peixes e Mariscos Recho, S.L., da concesión administrativa outorgada a Pescados Elena-Riveira, S.L., para a construción dunha nave para preparación da pesca.

Porto: Ribeira.

Concesionaria: Peixes e Mariscos Recho, S.L.

Prazo: ata o 10 de novembro de 2019.

Taxas: 2.657,33 € en concepto de TODP e o 1,5 % do importe anual da cifra neta de negocio xerado no ámbito da concesión.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia