Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Empresarios/as do Mercado das Conchiñas.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Emprego Autónomo da Secretaría Xeral de Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Comerciantes e Empresarios/as do Mercado das Conchiñas, da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: provincia da Coruña.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: defensa dos intereses comúns dos/das comerciantes e empresarios/as do Mercado das Conchiñas.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas que se dediquen a calquera actividade comercial dentro do Mercado Municipal das Conchiñas.

Asinantes da acta de constitución: Mónica Carballo Novoa, Emilio Fandiño Sánchez, Roberto Cancela Blanco, Mª Mercedes Lebedybski Patiño, Rafael Alonso Gómez, Alba Gómez Arias, Marco Antonio Rodríguez García, Ana Vázquez Tubío, Esperanza Carballo Novoa, Josefa Mª Álvarez Vidal, Manuel Oreiro Abuelo, Celia Ricarey Ricarey, Miguel Ángel Miñones López, Mª Carmen Pérez García, Mª Purificación Quintán Cacharrón, Mª Dolores García Novo, María Martínez Rivas, Margarita Díaz Piñeiro, Begoña Zas Vilas, Dorinda Varela Varela, Sonia Rodríguez García, Mª Isabel Sanjurjo Orizales, Dosinda Fernández Pérez, Yolanda Vázquez Morgade, Mª Graciana Parda Pérez, Pilar Barrán Blanco, Isabel Díaz Saavedra, Mª Rosario Villodas Mourelle, Argentina Sánchez Espadasín, Ana Mª Cagiao Martínez, Miguel Ángel Rama García, Almudena Rodríguez Varela, Mercedes Fondo Ríos, Sandra García Fernández, María Abuelo Carreira, Carlos Patiño Zas, Belén Filgueira Quinteiro e Monserrat García Vázquez.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego