Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 9984

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito desta entidade e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías de persoal de xestión e servizos.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 25 de xuño), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 27 de xullo de 2015 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Mediante a Resolución do 26 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 210, do 4 de novembro) publicáronse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as.

Finalizado o prazo de emenda previsto nesta resolución, esta dirección xeral, de conformidade coa base sétima da Resolución do 16 de xuño de 2015, de inicio do prazo de inscrición,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a.

Segundo. A lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación provisional e o número de orde obtidos atópase publicada, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. De conformidade coa base sétima da Resolución do 16 de xuño de 2015, as persoas admitidas, con respecto aos resultados de baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, pola que se publiquen as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos