Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 9986

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade da Resolución CM-01/2016, da mesma data, pola que se convoca, polo sistema de concurso de méritos, a provisión dun posto de encargado/a de quenda.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de encargado/a de quenda da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios do Servizo de Persoal da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ferrol, 23 de febreiro de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: encargado/a de quenda.

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de celador (grupo de clasificación: outras agrupacións profesionais).

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.