Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica resolución dun recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de San Pedro de Borrifáns (Cesuras-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución de recurso de alzada.

Zona de concentración parcelaria: San Pedro de Borrifáns (Cesuras-A Coruña).

Interesada: Nieves Gundín García.