Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 1 de marzo de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 993 e 994 do polígono 10, ZCP 2, do termo municipal de Vilalba (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 1 de marzo de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola nas parcelas 993 e 994 do polígono 10, ZCP 2, do termo municipal de Vilalba (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data 29 de enero de 2016 (anuncio publicado no DOG núm. 33, do 18 de febreiro).

Lugo, 2 de marzo de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo