Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se publica o acordo de prórroga do prazo de presentación de ofertas do procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada para a contratación da explotación, mantemento e conservación da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia.

No DOG número 45, do 7 de marzo de 2016, publicouse a Resolución do 4 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da explotación, mantemento e conservación da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia.

Por Resolución do 10 de marzo de 2016, ao abeiro do disposto no artigo 158.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, debido ao ofrecemento aos licitadores da posibilidade de realizar unha visita ás instalacións da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia nos termos publicados no perfil do contratante ( http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24149 ), acórdase a prórroga do prazo de presentación de proposicións, que comezará a computar de novo desde o día seguinte ao da data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea. Este envío realizouse o 10 de marzo de 2016, polo que o prazo de presentación de proposicións finaliza o 19 de abril de 2016.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio