Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9660

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/15.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 18 de febreiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/15, e de conformidade co establecido no artigo 8 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

RESOLVO:

Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/15 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Xurado de selección

– Titulares:

Presidenta titular: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Vogal titular 1: M. Eugenia Pérez Fernández, subdirectora xeral de Formación Profesional.

Vogal titular 2: Jesús Manuel Rodríguez Buján, xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Vogal titular 3: Elisa Isabel Amoedo Barciela, inspectora de educación.

Vogal titular 4: Félix Perujo de Llano, inspector de educación.

Vogal titular 5: José Luis Vázquez Fernández, inspector de educación.

Vogal titular 6: Miguel Ángel Luis Callón Fernández, inspector de educación.

– Suplentes:

Presidente suplente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

Vogais:

Vogal suplente 1: Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Vogal suplente 2: José Antonio Jardón Bahía, xefe do Servizo de Xestión da Formación Profesional.

Vogal suplente 3: Antonio Estévez Rodríguez, inspector de educación.

Vogal suplente 4: María del Carmen García Rodríguez, inspectora de educación.

Vogal suplente 5: Judith Fernández Novoa, inspectora de educación.

Vogal suplente 6: Federico Pérez Morán, inspector de educación.