De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 176.bis.1 do Código civil, notifícanselle a Rosa María Gabián Pereira (76714964-M) as resolucións ditadas o 22.9.2015 e o 24.11.2015 polo xefe territorial e relativas ao expediente 2001/274-36 porque, intentada a notificación, non se puido practicar.
Transcorrido o prazo establecido no parágrafo terceiro do artigo 172.2 do Código civil, a persoa interesada non se pode opoñer á resolución ditada no expediente citado. Non obstante, poderá facilitar información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal.
A persoa notificada ou o seu representante poderá comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 12 de xaneiro de 2016
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense