Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2005/215-32 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Marcos Jorge da Silva Leitao (X3352615C) a resolución ditada o 5.11.2015 polo xefe territorial e relativa aos expedientes 2005/215-32 e 2008/94-32 por descoñecerse no expediente desta xefatura territorial o seu último domicilio.

De acordo cos artigos 779 e 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, contra esta resolución caberá formular oposición, perante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social.

A persoa notificada ou o seu representante poderá comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 12 de xaneiro de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense