De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 172 do Código civil, notifícanselles a Nicasio Mazuela Pérez (24271159H) e a Iryna Tkachiv as resolucións ditadas o 4 de decembro de 2015 e o 10 de decembro polo xefe territorial e relativas ao expediente 2015/150-32 por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.
Dentro dos prazos e condicións establecidos nos artigos 172.2 do Código civil e 779 e 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, contra esta resolución caberá formular oposición, perante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social.
As persoas notificadas ou o seu representante poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 14 de xaneiro de 2016
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense