Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 14 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2001/274-36.

De conformidade co disposto no artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 176.bis.1 do Código civil, notifícaselle a Fernando Nogueira Ferreiro (34955054E) a resolución ditada o 24.11.2015 polo xefe territorial e relativa ao expediente 2001/274-36 porque, tentada a notificación, non se puido practicar.

Transcorrido o prazo establecido no parágrafo terceiro do artigo 172.2 do Código civil, a persoa interesada non se pode opoñer á resolución ditada no expediente citado. Non obstante, poderá facilitar información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal.

A persoa notificada ou o seu representante poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 14 de xaneiro de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense