Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9636

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Miñato, S. Coop. Galega

ANUNCIO de extinción da cooperativa.

En cumprimento do artigo 94 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise constar que na asemblea xeral extraordinaria do 1 de decembro de 2014 se acordou, por unanimidade, a extinción da sociedade, aprobouse o balance final de liquidación e que non procede distribución do activo ao ser cero o seu valor.

Vigo, 16 de febreiro de 2016

Felipe Santos Álvarez Suárez
O liquidador