Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (19/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 19/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Santos Patiño contra a empresa Nova Albariza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 22 de febreiro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante, José Antonio Santos Patiño, fronte a Nova Albariza, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos sexan utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión das infraccións cometidas na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a O/a secretario/a xudicial»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Nova Albariza, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza