Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015281AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 3 de febreiro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015281AL-CO, incoado a David Couñago Cores.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a David Couñago Cores o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 19 de febreiro de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015281AL-CO.

Interesado: David Couñago Cores (Restaurante Parrillada Bellavista).

DNI/NIF/CIF: 35476602E.

Último enderezo coñecido: lugar Angueira, 6, A Escravitude, 15900 Padrón.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO núm. 204, do 4 de agosto de 2007).

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

– Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) (DOG núm. 205, do 26 de outubro).

– Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade de produtos alimenticios (BOE núm. 202, do 24 de agosto).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.