Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de marzo de 2016 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador devolto polo servizo de Correos por non ser posible a súa notificación (expediente 12-38-15-01).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pago voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se lle facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera destas entidades bancarias.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe da División Xurídica

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción propuesta

Sanc. 12-38-15-01

Axentes da Garda Civil

Raquel Fernández Escourido

Rúa Estanque, nº 16, Po 1B, Ouces

15167 Bergondo (A Coruña)

Verquido contaminante

26.6.2015

13.56 horas

Muros (A Coruña)

Artigos 306.1.a) e 306.1.i) do Real decreto 2/2011, TRLPEMM.

Artigo 78.27 da Orde ministerial do 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto 2/2011, TRLPEMM

150 €