Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO das bases reguladoras do acceso ao posto de condutor de vehículos municipais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 37, do 16 de febreiro de 2016, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso ao posto de condutor de vehículos municipais, de carácter laboral interino.

De conformidade co previsto no ordinal 8º das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 16 de febreiro de 2016

Fernando Suárez Barcia
Alcalde