Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9495

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO do contrato da concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar no parque da praia Compostela, denominado Pavillón de Servizos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar situado no parque da praia Compostela, denominado Pavillón de Servizos.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: un ano prorrogable por un ano máis (duración máxima dous anos, incluída a prórroga).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Canon: non poderá ser inferior a 2.000,00 euros/anuais.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula XIV.5 dos pregos.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula X dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: non.

9. Apertura dos sobres B e C. Entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, os días fixados na cláusula XIII do prego, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 500,00 euros (cláusula XV dos pregos que rexen a licitación).

Vilagarcía de Arousa, 26 de febreiro de 2016

Alberto Varela Paz
Alcalde