Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 15 de febreiro de 2016 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade e concesión administrativa do establecemento de cultivos mariños Punta Palma e Punta Capitán titularidade de La Punta Capitán, S.L. e outros.

Unha vez revisado o expediente instruído para efectos de transmisión do establecemento que se cita a seguir e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes:

1. O día 15.12.2015 Elena Concepción Borrás Carnero, con DNI 33300452-V, e Joaquín Eduardo Borrás Carnero, con DNI 33300593-C, inician un expediente de transmisión da súa participación na titularidade do parque de cultivo sito en Punta Palma-Punta Capitán, Abanqueiro, Concello de Boiro, A Coruña.

2. As características actuais da instalación son:

– Tipo: parque de cultivo.

– Data de outorgamento: Orde do 18 de marzo de 1889 e Resolución de rehabilitación do 16.11.2013 da Consellería do Medio Rural e do Mar.

– Remate da vixencia: 22.7.2018.

– Superficie de dominio público: 32.000 m2.

– Especies: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa xapónica (Ruditapes phillipinarum) e berberecho (Cerastoderma edulis).

– Titulares: La Punta del Capitán, S.L., con CIF B85573947, cun 87,5 %, Elena Concepción Borrás Carnero, con DNI 33300452-V, cun 6,25 % e Joaquín Eduardo Borrás Carnero, con DNI 33300593-C, cun 6,25 %.

3. Segundo a documentación presentada os adquirentes son Gonzalo Rengifo Abbad, con DNI 05250357-D, e Joaquín Fernández de Córdoba y Narváez, con DNI 05247380-E, ambos titulares da empresa La Punta del Capitán, S.L., con NIF B85573947, titular do 87,5 % do parque de cultivo.

4. Os adquirentes presentan o mesmo plan de explotación e rendibilidade que o presentado no ano 2015, na tramitación do expediente de transmisión do 87,5 % do parque de Cristina Borrás Paz a La Punta del Capitán, S.L.

b) Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para autorizar a transmisión, de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. É de aplicación a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca marítima de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Vistas as disposicións citadas, esta Consellería do Mar

RESOLVE:

Outorgar a autorización previa para a transmisión do parque de cultivo descrito no punto segundo dos antecedentes.

Baixo as seguintes condicións e características:

1. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

2. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

3. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas que o anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública, e deben cumprir as condicións:

– Cumprimento das condicións de rendibilidade do parque segundo os plans presentados na solicitude de transmisión.

– Mantemento da totalidade da superficie do parque nas adecuadas condicións que aseguren a súa produtividade.

– A variacións dos sistemas produtivos utilizados no parque para acadar a rendibilidade prevista nos plans, deberanse comunicar á administración competente en materia de acuicultura.

– O cesamento da actividade, aínda que sexa temporal, deberase comunicar á administración competente en materia de acuicultura.

– Deberá inscribirse no Rexistro de Explotacións Gandeiras (RD 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras), ou equivalente.

– Deberá cumprir as normas de extracción, regulación e comercialización, e comunicar a administración competente os datos estatísticos a que obrigue a lexislación vixente.

– Deberá comunicar no prazo dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia da autorización previa desta transmisión, á Demarcación de Costas de Galicia, Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

4. Unha vez tramitada a transmisión, as participacións na titularidade quedan:

– La Punta del Capitán, S.L., con CIF B85573947: unha participación do 87,5 %.

– Gonzalo Rengifo Abbad, con DNI 05250357-D: unha participación do 6,25 %.

– Joaquín Fernández de Córdoba y Narváez, con DNI 05247380-E: unha participación do 6,25 %.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña